Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

“A censura no cine”, charla de Pedro Pérez

IMG_1650

 

O 10 de xaneiro, estivo con nós Pedro Pérez. Pedro, que xa nos acompañara noutras ocasións, forma parte da produtora audiovisual “Producciones Trípode” e é un gran coñecedor do mundo do cine. É promotor e organizador, ademais, do festival de terror “Panic” que se desenvolve na nosa vila desde o 13 de xaneiro ata o próximo 3 de febreiro. Como complemento ás actividades do festival estanse a realizar charlas arredor do mundo do cine e, en concreto, sobre a censura, os distintos tipos de censura que se poden ver nas películas e como esta práctica se desenvolveu en moitas películas ao longo do tempo. Pedro acercouse ao noso centro para falarnos de todo iso.

Cómpre indicar que o “Festival Panic” comezou o programa da súa cuarta edición o pasado 13 de xaneiro cunha intervención do actor Manuel Manquiña e co pase da curtametraxe de Abel Carbajal, La araña inmóvil e, por suposto, nese primeiro día non faltou tampouco a maratón de cine de terror nos Minicines Central  con títulos como Piraña 3DD,  Noche de miedo, Al interior e Amanecer de los muertos. Para o venres, 20 de xaneiro, está prevista a proxección do filme Nunca apagues la luz, precedido polo pase da curta Penitencia, do director estradense Jorge Castro e tamén nesta xornada a actriz Paula Carballeira protagonizará  un espectáculo de contos de medo. O vindeiro venres 27 ás 21.00 horas a compañía Ghazafellos poñerá en escena «Frankestein» e proxectarase a curta Las últimas supervivientes. O festival continuará o día 2 de febreiro coa entrega dos premios aos gañadores do concurso de «móbilsustos» e a proxección d´A matanza caníbal. A última xornada será o día 3 de febreiro e contará coa presenza do actor David Amor que ademais de clausurar o festival  falará de Pani, a curtametraxe de terror na que participa xunto con Terele Pávez. Despois do pase desta curta será o momento de Train to Busan, a última proxección do festival.

Grazas, Pedro, por contarnos tantas cousas e axudarnos a ver o cine con outros ollos. ¡Ata a  próxima!

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies