Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

A nosa excursión

O venres 15, fomos de excursión ó Concello de Cuntis. Primeiro descubrimos un espazo natural no lugar de Vilamean, rodeado dunha vexetación diversa, onde se atopa A Luaira, alí crían e doman cabalos. Dunha maneira amena e sinxela os responsables das instalacións explicáronnos moitas cousas que alí fan.
Foi unha visita moi interesante posto que, ata puidemos tocar a Samba, unha poni apuntiño de ser nai e a Paco, o burro que vixía que o lobo non se acerque por alí.
Despois de tomar a merenda xogamos un pouco nos xardíns de Cuntis e logo demos un paseo visitando a Burga de Lume de Deus, os Lavadoiros Municipais, a Praza das árbores e o río. Neste paseo acompañounos un guía do concello que tamén nos contou cousas interesantes das súas augas termais.
Viñemos cansadiños pero moi contentos, foi un día emocionante.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies