Día da Constitución
Dende o ano 1978, o 6 de decembro celebramos en España o Día da Constitución, data da súa aprobación en referendum. Para conmemoralo, os alumnos de 3º de ESO redactaron unhas reflexións persoais sobre esta Lei, que leron ante todos os alumnos de secundaria. Para finalizar vimos un vídeo sobre a importancia histórica da Constitución de 1978.