Acto do Día da Paz e da Non Violencia

O día 30 de xaneiro os alumnos da ESO uníronse á celebración do Día da Paz e da Non Violencia. O acto comezou cun “rap” protagonizado por cinco alumnas de 4º. De seguido, dous alumnos leron un manifesto acerca do motivo da celebración deste día e outro grupo de rapaces leron dous poemas. Para finalizar o acto, todos os alumnos construiron un “valo da paz” sobre un mural de papel, no que cada ladrillo levaba escritas diferentes frases e palabras relacionadas con este Día.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies