Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Campamento Inmersión lingüística en Inglés

A ANPA do noso centro organiza un Campamento de Inmersión Lingüística en Inglés que imparten profesionais do Saint James Institute, expertos en actividades lúdicas e formativas en inglés. O Saint James Institute é un centro acreditado de campamentos americanos e membro da Asociación Campamentos Americana (ACS), con experiencia na organización destos eventos, como os que nos últimos 5 anos levou a cabo para a Xunta de Galicia e outros centros formativos.

O Campamento inclúe diferentes talleres e xogos ao aire libre, saídas ao pobo, manualidades, reciclaxe, experimentos, deportes e máis sorpresas. Os monitores son nativos e bilingües, e únicamente falarán en inglés. A filosofía do proxecto está baseada na aprendizaxe natural do idioma.

A ANPA agradece especialmente a colaboración do Concello de A Estrada, quen aposta por esta iniciativa para todos os nenos que queiran desfrutar do verán aprendendo inglés dun xeito diferente.

Noticias relacionadas:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2012/06/12/campamento-estrada-inmersion-linguistica-ingles/0003_201206D12C29921.htm

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/06/12/preparan-primer-campamento-local-inmersion-linguistica-ingles-ninos-3-11-anos/656171.html

http://www.catrogatos.com/2012/06/campamento-de-veran-en-ingles-para-todos-os-nenos/

Participantes: TODOS OS NENOS DE 3 A 11 ANOS, de calquera colexio.

Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00

Xullo, Agosto, ou Xullo+Agosto

Lugar: Instalacións deportivas do CNSL.

Precio: 150€ un mes, 240€ dous  meses. Desconto de 20 euros para inscricións antes do día 18 de xuño

Máis info: Saint James Institute 981 554 609 – 660 949 566

Inscricións: Secretaría  do colexio ou por email: administracion@saintjamesinstitute.com

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies