Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Campionato Provincial de campo a través

Finalmente os nosos corredores mellor clasificados no campionato zonal puideron demostrar a súa forma física no campionato provincial de campo a través.

Tivemos que pegarnos un bo madrugón para desprazarnos ata a proba, este ano celebrada en Portas. Xunto cos demais participantes clasificados doutros colexios do pobo preparamos as nosas mochilas para partir rumbo á carreira.

O día presentábase perfecto para a proba, recordando o mal tempo que tivemos durante toda a semana previa. O circuíto, polo tanto, non recuperou de todo e quedaba algún que outro charco, algo xa común nestas probas de campo a través, e dicir tamén, algo que forma parte do seu encanto.

Os nosos participantes unha vez máis deixaron todas as súas forzas na pista para pelexar por quedar entre os mellores corredores da provincia. Sen embargo non podemos esquecer que nesta carreira participan todos os atletas federados de Pontevedra, que adestran e compiten ó longo de todo o ano.

Ao terminar a competición todos os atletas foron recompensados cun bocadillo, unha peza de froita e unha botella de auga. E finalmente para agradecer a participación un último premio, un chocolate ben quente.

Recoñecer o esforzo de todos os participantes e lembrarnos tamén dos compañeiros que por enfermidade ou lesión non puideron asistir e competir nesta importante proba.

PARABÉNS A TODOS OS CORREDORES

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[ order=”DESC”]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies