Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Campionato Zonal de Campo a Través

O mes pasado tivemos unha das citas case obrigadas no que se refire a competición escolar, e como non, todos os nenos interesados en participar acudiron a este evento.

Pese ao frío e á choiva, os alumnos de Primaria desprazáronse ata o Foxo para poder participar no campionato de campo a través.

Cunha alta participación de corredores, e coas enerxías preparadas para facer un bo papel comezaron as probas as 10:30 da mañá.

Ao longo da mañá realizáronse as diferentes probas distribuídas por categorías. Os primeiros en participar foron os Benxamíns, os rapaces de 3º de Primaria. Seguidamente participaron os Alevíns, os rapaces de 4º e 5º de Primaria. Os rapaces de 6º de Primaria tiveron que participar na categoría Infantil xunto cos de 1º da ESO.

Parabéns a todos os participantes polo seu esforzo e como non, aos nenos que conseguiron traer para o Colexio algunha das medallas.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies