Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Carreira de campo a través

Un ano máis, con moitas enerxías, chegaba a carreira de campo a través. Este ano o circuito situado en Portas era o noso destino, e non podiamos deixar escapar a oportunidade de correr cos mellores corredores da nosa zona. Así que collemos as mochilas e dirixímonos á competición. Moitos eran este ano os corredores participantes do noso centro, e máis aínda as ganas que tiñamos todos de correr.

Por sorte atopámonos cunha fermosa mañá, o que facía que as ganas por chegar xa ao recinto aumentaran de súpeto. Tocaba o turno dos maiores, e de prepararnos para as nosas probas. Distancias diferentes para cada categoría, e moita rivalidade era o que nos esperaba. Como cada ano moi boas experiencias e algunha que outra medalla para o noso colexio.

Parabéns a todos os participantes polo seu esforzo.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies