Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Carta de D. J. Enrique Otero Fernández

Estimadas Familias:

Chegado o momento da miña xubilación, quero, con esta breve nota, agradecerlle a toda a Comunidade Educativa a inestimable axuda e colaboración que sempre teño recibido.

Dende hai 43 anos que fundei e dirixín este Colexio, do que modestamente me sinto orgulloso, é o momento de dar paso a xente nova, con novas ideas, novos proxectos para tempos novos.

Teño a honra de comunicarlle que a responsabilidade da dirección tena, dende o 1  de setembro, Dolores Otero Neira (Enxeñeira Química, Coach, Master en Comunicación Integral e Experta en Formación Familiar e Intelixencia Emocional).

Reitero o meu agradecemento a todos pola axuda, apoio e colaboración e por desculpar os erros que ao longo destes anos teño cometido.

Desexo para a nova directora e o seu equipo os mellores éxitos que serán para toda esta gran Familia, especialmente para os nosos Alumnos, principais destinatarios do noso traballo.

Quedando ó seu dispor, saúdos afectuosos

D. J. Enrique Otero Fernández

Ex-Director do Colexio Nosa Señora de Lourdes

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies