Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Celebramos o día das Letras Galegas

O mércores 16 puxémoslle remate á semana das Letras Galegas. A nosa aportación á celebración consistiu primeiramente nun acto no que asistimos  á proxección dun vídeo sobre Valentín Paz Andrade (que incluíu poemas seus recitados por Túñez, xogador do Celta, e Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro); o vídeo deixou paso a poemas de diversos autores galegos e de distintas épocas, que puidemos desfrutar na voz dos nosos alumnos; foi un espléndido recital,  rebordante de xenio e de xenerosidade.  Non faltaron faltaron á cita os escritores locais (aproveitamos o acto para presentar un “Mapa-Google de escritores estradenses”, a partir dun traballo feito polos alumnos de 1º)  nin por suposto  tampouco faltaría  a música:  “Unha noite na eira do trigo” e  “Lela”  valeron para demostrar, unha vez máis, a capacidade dos nosos alumnos para encher de maxia calquera momento. Despois, pola tarde, participamos no acto común cos compañeiros de Infantil e de Primaria e despedimos, interpretando o noso himno, os actos sobre as Letras aínda que non o día:  a festa da Natureza agardábanos!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies