Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

De excursión pola península do Morrazo

O pasado xoves, 25 de maio, tivemos saída didáctica. Propuxémonos coñecer a península do Morrazo e comezamos a viaxe cunha parada para ver os petróglifos de Mogor e o seu centro de interpretación, moi preto da praia co mesmo nome; despois, no Museo Massó, en Bueu, descubrimos a importancia que tivo para a sociedade e economía da zona a industria da conserva e, tras repoñer forzas en Cabo Home, xa en Cangas, tocou camiñada e, como non, praia, a praia de Melide, xusto enfronte das Illas Cíes. Como último punto do noso itinerario, parada e paseo pola zona vella de Pontevedra, a porta do Morrazo.
Fermoso día, e fermosas vivencias a carón do mar.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies