Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día da Paz por Siria

IMG_0654
O pasado luns, 30 de xaneiro, celebramos o Día pola Paz e a Non Violencia e nesta ocasión reflexionamos sobre o sentido da efeméride a partir dun caso concreto, o conflito de Siria. Para iso, logo da lectura do Manifesto pola Paz, feita por Alba e Pablo de 3º ESO, tivemos unha charla na que contamos coa presenza de Nour Al-Hussen Villa. Nour, filla de nai galega e pai sirio, é politóloga e autora do blog A la otra Orilla del Eufrates, espazo no que verque moitas das súas reflexións sobre a actualidade do conflito e no que non faltan tampouco lembranzas dos seus anos naquel país.
O seu relato aclarounos moitas dúbidas e ao final foi tanta a curiosidade que nos espertou que o tempo das preguntas se fixo escaso.
Moitas grazas, Nour, pola túa visita, e por unha charla tan amena e tan didáctica.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”8657,8662,8661,8660,8659,8656″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies