Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

E por fin o Magosto!

23 de outubro, nada parecía presaxiar o que ía ocorrer no noso colexio. A mañan espertaba con néboa, pero a medida que avanzaba, o ceo poñíase cada vez máis azul. Quizáis as nosas gañas por celebrar unha das datas que máis nos gustan tivese moito que ver!

Este ano comezamos cedo, había moitas cousas que facer:

Presentar os nosos proxectos:

Samaín, a orixe do magosto, como se celebra o magosto no resto do mundo, os froitos do outono, facer carteis, papel reciclado…

03-Formas-de-celebrar-o-magosto

E como non!
O momento do paseo para observar a natureza… e de sacar algunhas fotos.

Xa de volta nas instalacións repuxemos forzas antes de continuar. Eso si, amenizadas por un grupo de infantil que nos veu facer unha visita e a cantar unha canción. Menuda sorpresa!

E comezaron os xogos tradicionais…

Fixemos de mestres por un día. Ensinamos aos de primaria algúns dos xogos aos que xa xogaban os nosos pais pero que como vemos nunca pasan de moda:

Carreiras de sacos, a pita cega, tirar a corda, as canicas, o pañuelo,  adiviña que é e unha nova versión do ovo na culler.

Canto disfrutamos!

Unha paradiña para tomar as castañas que con tanto cariño nos tiña  asadas o profe Ramiro, que menudo é cando se pon diante do lume. Non deixa unha por asar!

Pero tamén para cantar, representar unha obriña de teatro, ler contos e recitar poemas… ao final un torneo deportivo no que non faltou un partidiño entre profes e alumnos. Eso si con moita deportividade.

E así rematou o noso magosto. Xa estamos agardando polo do ano que vén.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies