Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Educación afectivo-sexual para terceiro e cuarto da ESO

Neste primeiro trimestre estivo con nós Juan Manuel Carrasco Estévez, dinamizador do Grupo de Educación da FELGTB e membro do Grupo de Educación de COGAM. Juan visitounos para tratar un tema importante no que debemos estar (in)formados convenientemente: a educación afectiva e sexual.

Ao longo de varias sesións que se levaron a cabo  entre os meses de outubro e decembro traballamos aspectos relacionados coas habilidades comunicativas e coa expresión das emocións; as charlas proporcionáronnos información rigorosa pero transmitida dun xeito sinxelo e ameno e aportáronnos tamén un coñecemento e unha perspectiva que non tiñamos. Reflexionamos sobre tópicos e/ou estereotipos dos que, en materia de comportamiento afectivo-sexual, a miúdo botamos man. Foi, en resumo, unha maneira de saber máis de nós mesmos, de enriquecernos e, ao tempo,  de facer as nosas relacións máis ricas.

Esperamos verte pronto, Juan! Grazas!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”8618,8617,8616,8615,8614,8613,8612,8611,8610,8609,8608,8606,8605,8604,8603,8602,8601,8600,8599,8598″]

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies