Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión a Vigo e ao monte Aloia

O mércores, 4 de maio, fomos de excursión ao Sur de Galicia: Vigo e Tui. Tivemos un día de case verán e aproveitámolo para facer visitas ao Pazo Museo Quiñones de León, onde visitamos as seccións de arqueoloxía, de historia, a pinacoteca e demos un paseo polos xardíns que rodean o edificio; logo Vigozoo, que a pesar dalgunha ausencia sempre sacia a curiosidade nosa por ver de cerca especies doutras latitudes. Pola tarde, acercámonos ao concello de Tui, ao Parque Natural do Monte Aloia, un dos cinco parques naturais de Galicia; alí, no seu centro de interpretación coñecemos a orixe e algúns detalles deste espazo natural e dos seus “habitantes” e na cima do monte, o miradoiro ofreceunos vistas espectaculares da parte final do río Miño, fronteira natural entre Galicia e Portugal. Foi día completo, ateigado de cousas e de bos momentos.
1 Excursión Vigo-Tui 4maio

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”8043,8044,8045,8046,8047,8048,8049,8050,8051,8052,8053,8054,8055,8056″ orderby=”rand”]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies