Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Experimentando coa ciencia

O Martes 29 de Xaneiro os alumnos de 1º de ESO tivemos a oportunidade de realizar experimentos sobre a presión atmosférica. Ademais de aprender, observamos as distintas e curiosas reaccións relacionadas coa presión atmosférica. Os experimentos que realizamos eran sencillos, só cumpría unha lata, auga, unha botella de cristal, outra de plástico…cousas que calquera pode encontrar na súa casa.

Aquí podemos observar os 3 distintos experimentos:

O primeiro experimento que fixemos foi o de Torricelli, quen demostrou a existencia da presión atmosférica estudando o equilibrio entre ésta e o peso da auga.

No seguinte  desafiamos a gravidade tapando a boca dunha botella cun papel e comprobando que ó poñela boca abaixo o papel seguía pegado a botella e a auga non caía.

O último  non o realizamos  os alumnos xa que nos podiamos queimar, pero puidemos ver como o facía a profesora. Consistía en aplastar unha lata, que contiña un chisco de auga, tan só xogando cos cambios de estado da auga e coa presión atmosférica.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ link=”file” ids=”4337,4338,4339,4340,4341,4342,4343,4344,4345,4346,4347,4348″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies