Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Falando con Texas e facendo poesía con Ledicia e Montse ¡Que mércores!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ link=”file” ids=”4090,4091,4092,4093,4094,4095″]
Como todos os mércores, este foi tamén divertido e emocionante.. Tivemos actos sorprendentes: videochamada con alumnos de Texas (EE.UU.) e encontro con Ledicia Costas e Montse Penas.
Os de terceiro e cuarto da ESO comezaron unha nova actividade moi interesante e divertida; A través dunha videochamada puideron falar con alumnos dun colexio de Río Grande, no estado de Texas, o Edcouch-Elsa High School; tiveron que empregarse a fondo para seren entendidos o mellor posible. Entretido, e moi educativo!!

Por outra parte, o mércores tamén recibimos a Ledicia Costas, autora galega que xa estivos con nós o curso pasado, e a Montse Penas, especialista en literatura infantil e xuvenil. A súa pretensión era a de facernos entender a poesía, facérnola máis próxima, e para iso Ledicia Costas regalounos un exemplar do súa nova colección de poesías, Xardín de inverno, e recitou algún dos poemas incluídos no libro; a continuación, Montse demostrounos cunha actividade que temos en nós mesmos moita máis poesía do que pensabamos pois saíron poesías e frases realmente boas. A visita de Ledicia e de Montse gustounos moito, desfrutamos coa poesía e , quen sabe, quizais algún de nós poida chegar a ser un gran poeta.
Sen dúbida, foi unha gran tarde. Pasámolo xenial!!

E como recordo dese día, a entrevista a Ledicia Costas realizada por Lucía, de 4º, e por Rita, de 3º.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies