Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Homenaxe a Xosé Neira Vilas (1928-2015)

O venres pasado faleceu o escritor X. Neira Vilas na súa casa de Gres, aldea de Vila de Cruces. Coa súa morte, déixanos un dos escritores máis sobranceiros e recoñecidos da literatura galega de todos os tempos.
No colexio tivemos a sorte de contar coa súa presenza en varias ocasións e puidemos comprobar a súa amabilidade, a súa sinxeleza e a capacidade singular de transmitir sabedoría, sabedoría vital e tamén literaria, presente en tantos e tantos libros como escribiu ao longo da vida.
El xa non está fisicamente pero chégannos a súa palabra e o seu recordo a través do que deixou escrito. Balbino, Lelo, Tomás e todos os personaxes que el creou farán a súa memoria longa e fecunda, a memoria dun home íntegro que traballou sen parada pola dignificación da lingua e da cultura galegas e da condición das súas xentes, en especial dos labregos e dos emigrantes, como el ten sido.
Na súa memoria estes días estamos a realizar lecturas de  textos extraídos de libros seus e aproveitamos para recordar a visita que nos fixera en novembro de 2013 vendo a a entrevista que lle realizaran Diego e Mario, ex-alumnos do noso colexio.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog Tablón de Anuncios
http://b-t.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”3734,3735,3736,3737,3738,3740″]

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog Tablón de Anuncios
http://b-t.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”3713,3712,3711,3710,3709″]

ll

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies