Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

I Semana Cultural do Cine

Na semana do 21 ao 27 de Novembro celebrarase no Colexio de Nosa Sra. de Lourdes a I Semana do Cine coas seguintes actividades:

Martes 23 de Novembro ás 16:30 horas:

“A música no cine”

Roberto Relova, presidente de Amigos de la Ópera de Vigo, director do Festival Are More e profesor de Historia da Música no Conservatorio Superior de Música de Vigo; nos introducirá no cine a través da música, non só a través da música clásica , senón tamén a través da música máis actual, como o pop, o rock, … O cine fantástico será un dos protagonistas.

Mércores  24 de Novembro ás 10 horas:

“Camino a Nahr Al Bared”

Festival  AMAL 2010 .INTERNATIONAL EUROARAB FILM FESTIVAL ca presentación do seu Festival, cun coloquio e a proxección da película “Camino a Nahr  Al Bared”  del director español Sebastián Talavera (2009)
A película narra a vida nun campo de refuxiados palestinos a través dos testimonios de cinco dos seus habitantes, de idades comprendidas entre os 9 e os 62 anos. As palabras de Yaser, Izar, Ali, Raed e Mustafá reflexarán o día a día de 35.000 persoas.
Deste xeito, trataremos de achegar aos alumnos unha visión realista do que acontece nos campos de refuxiados e cómo as súas preocupacións cotiás son diferentes das nosas.
No Colexio de Secundaria tamén se poderá ver durante toda a semana unha exposición de carteis informativos relacionadas co mundo Árabe, por cortesía do Festival de Cine Euroárabe Amal.

Xoves 25 de Novembro ás 16:30 horas

“Como se crea unha película”

Pedro Pérez, crítico de cine en Radio Estrada, componente da equipa de Produccións Tripode, responsable das curtometaxes “404”, “Comentarios aparte” ou “La trampa del ratón” que obtiveron distintos premios. Ten publicados varios artigos sobre cine.
A través de diferentes escenas de películas tratará de introducirnos no concepto de cine como arte, como medio de expresión de ideas, ademais de falar da censura, contaranos anécdotas e outras curiosidades.

Consulta a noticia publicada en:
El Correo Gallego (edición dixital)
La Voz de Galicia (edición dixital)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies