II Festa das Palabras
O pasado 26 de maio tivo lugar a segunda edición da Festa das Palabras no Teatro Principal. Para ese acto contouse como madriña á escritora, Fina Casalderrey, contamos coa música de Samuel e os alumnos gañadores do concurso de microrrelatos e micropoemas “Traballando xuntos” recibiron un libro recompilatorio cos textos gañadores e unha flor.
Parabéns aos gañadores!