Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Presentación

Somos un centro concertado, plurilingüe, laico e que fomenta a liberdade de pensamento. Defensor da cultura propia e aberto a aprender o mellor doutras culturas. Que soña cun mundo mellor e que desexa seguir colaborando coa sociedade na súa evolución. Que ofrece ao alumnado e familias un ensino de calidade, onde o obxectivo é lograr alumnas e alumnos exitosos e felices. Como di o noso lema,

“MÁIS DE 50 ANOS MEDRANDO CONTIGO”.

O Colexio Nosa Señora de Lourdes foi fundado en 1969 por D. José Enrique Otero Fernández.

Dende entón, profesorado, familias e alumnado, imos facendo realidade o noso Proxecto Educativo baseado nunha proposta de mellora constante da calidade do ensino. Este Proxecto Educativo é resultado dunha reflexión seria sobre que persoas queremos formar, como orientar, que facer para transformar e transformarnos nunha sociedade máis rica en valores, máis solidaria, máis libre, máis creativa e máis respectuosa co medio ambiente.

Conta o noso Centro cun equipo de profesionais que con ilusión e interese levan á práctica os distintos deseños curriculares. Unha ensinanza activa, participativa, aprendendo da investigación, fomentando o uso das linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma e a aprendizaxe das linguas estranxeiras, fan do noso Colexio un centro con personalidade propia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies