Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

IV Festa das Palabras

O pasado martes, 6 de xuño, celebrouse no Teatro Principal  a IV Festa das Palabras, actividade organizada polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos do concello da Estrada. No acto, que foi apadriñado polo escritor Antonio García Teijeiro, os alumnos galardoados recibiron un exemplar do libro que recompila os textos e os debuxos gañadores desta edición e máis unha flor de agasallo.  Entre os debuxos escollidos como ilustracións  figuran os de Sara e Sofía, de Educación Infantil.

Pablo, Natalia, Marta, Lucas, Uxía, Valeria, Breogán, Helena, Manuel e Breixo, ¡Parabéns!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog Tablón de Anuncios

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies