Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Ledicia Costas visita o noso Centro

Mañá 16 de marzo, a escritora viguesa Ledicia Costas visitará o noso colexio.  Ledicia Costas, autora da novela Unha estrela no vento, obra que vai na 8ª edición, é un nome moi coñecido polo público xuvenil; ademais de prosa  ten cultivado tamén a poesía e proba diso son os premios acadados nesta especialidade como o I Premio de Poesía do Concello de Marín ou o I Premio de Poesía da Universidade de Vigo. Recentemente presentou a súa última entrega literaria, Mortos de Ningures, novela negra dirixida ao público infantil e xuvenil.

O acto, que comezará ás 11.50, consistirá  nun coloquio cos alumnos a partir dos seus propios textos e  a continuación terá lugar un  obradoiro de creación literaria no que participará o alumnado de secundaria. Sen dúbida, será unha boa oportunidade para coñecer unhas das voces literarias máis prometedoras e dinámicas da literatura galega actual. E para crear da súa man!.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog Tablón de Anuncios
http://b-t.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies