Letras Galegas 2016: Manuel María
ARCÁDIA
Durante toda a miña vida andei
a soñar, longa e fondamente,
coa Arcadia maravillosa, lonxana
e lexendaria.
Viaxei a Grecia
e, con olIos atentos e avarentos,
contemplei a Arcadia: é unha
paisaxe de oliveiras e penedos,
gris e brava, onde hai un povo,
pequeno e miserento, chamado
Paradisus: nada menos.
Todo
era árido, pobre e desolado.
Entón fechei os ollos cara afora
e abrinnos cara adentro.
E puden
ollar a Arcadia feliz e verdadeira
Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/
[ ids=”8129,8130,8131,8132,8133,8134,8135,8136,8137,8138,8139,8140″]