Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Magosto, Magosto…

 

Chegou o magosto. Este ano un pouco adiantado xa que o bo tempo do que estamos a disfrutar fixo que as castañas estivesen listas. Comezamos o mércores pola tarde  con diversos talleres como o de manualidades no que aproveitamos  castañas, landras e demais materiais que recollemos a man para facer traballos de decoración e o baleirado e confección de cabazas. Ao mesmo tempo outros recolliamos ramas para facer unha cabana para os máis pequenos.                                                                                        Xoves 20, o gran día. Comezamos a xornada rematando as actividades do día anterior. Mentres  uns poucos anicabamos as ricas castañas que logo comeriamos todos xuntos, outros preparabamos o campo para os deportes, a música… tampouco faltou a camiñada polo monte, esta vez  ata o punto xeodésico que temos preto do colexio. Á  volta repuxemos forzas  e nada máis rematar fixemos de monitores dos xogos tradicionais para os máis pequenos, con eles tamén compartimos  as castañas asadas arredor da fogueira, limos poesías, fixemos teatro e versionamos cancións tradicionais. A xornada acabou cos desexados torneos de futbol e baloncesto. Esperamos xa con ansia o magosto do ano que vén.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ orderby=”title”]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies