Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Navega con rumbo polo ciberespazo

Onte estivo con nós, os de 5º e 6º de E. P., Rodrigo Álvarez, colexiado do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para presentarnos o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. É unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguemos de forma segura pola Rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet e mentalizándonos da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías. Facilitounos unhas guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais que poderemos utilizar para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos. De seguro que tiraremos bo proveito desta actividade.

Neste enderezo web podemos atopar máis información sobre como protexer aos menores dos riscos de Internet e recomendacións para aprender e divertirnos navegando de maneira segura pola Rede:

http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/enlaces.html

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies