Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

O Almorzo

Co paso dos séculos os nosos antepasados foron descubrindo e inventando  as novas maneiras para a produción de alimentos. E agora, que a civilización está moi avanzada, está científicamente probado por uns estudos realizados por expertos sobre os hábitos alimenticios no almorzo dos preadolescentes de Viladecans, Barcelona. que se encontran na páxina web:

(http://www.fuden.es/FICHEROS_ADMINISTRADOR/ORIGINAL/Original_Nure_23.pdf)

Cada día, ó almorzar, ó comer, ó cear, estamos a realizar una das funcións vitais máis importantes, a nutrición. Mediante esta, dos alimentos que inxerimos aproveitamos os nutrientes, que nos dan enerxía. Por iso, una das comidas máis importantes é o almorzó, xa que vimos de varias horas de axuno pola noite e danos enerxías para afrontarnos ás xornadas laborais e escolares. Moita xente non almorza e non realiza de forma completa esta comida xa que non ten tempo ou quere perder peso. Lonxe de adelgazar, os nutricionistas din que engordamos e rendimos menos xa que temos falta de glucosa, que é o noso principal combustible para a enerxía e fai que queime outras substancias, e iso afecta ás capacidades de locución, memoria…

Aínda que a mayoría da xente non se toma en serio a frase mítica de “O almorzó é a comida máis importante do día” que acostuman dicir as nais e as avoas, os anteriores estudos mostrados neste texto demostraron que moitos dos rapaces que van á escola sen almorzar ou non almorzan de forma completa, teñen nivel máis baixo de rendemento. Por iso, os alumnos de segundo da ESO do Colexio Nosa Señora de Lourdes, no Proxecto sobre as Funcións Vitáis, apartado da Nutrición, decidimos facer una enquisa a tódolos alumnos de primaria e secundaria, de 6 a 15 anos, para verificar os datos destes estudos, referíndonos aos alumnos do noso colexio. Nela preguntámoslle a cada rapaz, un por un, oralmente, qué era o que almorzaba, e os datos foron moi diferentes. Despois de facer as porcentaxes puidemos coñecer que os datos que nos ofreceron eses estudos realizados en Barcelona se podían aplicar tamén ós alumnos do noso colexio.

IDADE6 anos7 anos8 anos9 anos10 anos
Nº ENQUISADOS1919211326
IDADE11 anos12 anos13 anos14 anos15 anos
Nº ENQUISADOS2119131412

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies