Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

O Mercadillo da ANPA

O pasado venres, día 29 de abril, ás 4 da tarde no colexio de E.I. e E.P. celebrouse o mercadillo – merenda organizado un ano máis pola ANPA. O acto veu poñer fin ás actividades que con motivo do “Día do Libro” se celebraron no colexio ao longo do mes de abril. Asistiron todos os alumnos de E.I. e E.P. e tamén algúns da E.S.O., que aproveitaron para vendernos as bebidas. Os máis pequenos estiveron maioritariamente acompañados dos seus pais e nais. Foi unha doce xornada porque amais de poder mercar un montón de libros por un prezo módico, puidemos disfrutar dos postres cos que nos agasallaron os papás e mamás e compartir por un rato xogos, charla e merenda con eles.

Que se repita o ano que vén!

Os reportei@s de 6º E. P.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies