Ópera “A Cincenta”
Os alumnos de E.P. visitaremos a próxima semana o Auditorio de Galicia en Santiago para asistir á representación da ópera “A Cincenta” de G. Rossini.
O luns, día 31 de xaneiro, irán 1º e 2º de E.P.; o martes, día 1 de febreiro, 5º e 6º de E.P. e o mércores, 2 de febreiro, serán 3º e 4º de E.P. os asistentes.
Esperamos disfrutar dun espectáculo moi interesante e novedoso para a maioría de nós.
A Cincenta é unha ópera que reúne todos os ingredientes musicais do compositor belcantista Gioacchino Rossini (1792-1868). A produción da ópera A Cincenta leva o selo escénico da Compañía Comediants que realizou a adaptación da ópera orixinal La Cenerentola de Rossini creando unha curiosa, divertida, comprensible e orixinal redución para o público escolar.