Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Participamos no Parlamento Xove 2017. ¡Estamos na fase final!

WP_20170304_002

O sábado, 3 de marzo, o equipo de debate composto polo alumnado de 4º da ESO Gábor Pazos, Manuel Pérez, Iria Picón e Estela Riveira, coa coordinación do profesor Víctor López clasificouse para a fase final do Parlamento Xove, competición de debate na que equipos formados por catro estudantes e un profesor debaten sobre un tema (nesta ocasión o tema era se unha variación na idade legal para mercar alcol podería influír nos hábitos de consumo entre a mocidade). Despois de gañar nos tres de debates realizados o equipo clasificouse en 5ª posición; pasaban os oito primeiros polo que a nosa representación estará os días 21 e 22 de abril na fase final, que terá lugar en Santiago de Compostela. Noraboa por tan brillante resultado. A agora toca preparar o próximo debate,  o dos cuartos de final, que  será contra o IES Santiago Basanta Silva, de Vilalba, Lugo. ¡Moita sorte!

Consulta aquí os resultados e as clasificacións. E tamén podes  ver a noticia no Faro de Vigo e en La Voz de Galicia.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”8728,8727,8726,8725,8724,8723″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies