Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Pastelería e fotografía, proveitosos e fermosos momentos para as tardes dos mércores

No mes de maio tivemos nas actividades dos mércores pola tarde dúas visitas:  Eladio Carracedo, mestre pasteleiro que rexentou durante moitos anos a Pastelería Viena, e Toño Arias, fotógrafo e propietario da Galería-Librería Dispara , avó e pai, respectivamente, de alumnos do noso centro; Eladio  amosounos como elaborar dúas receitas e Toño introduciunos a través de imaxes de distintas épocas e autores no mundo da fotografía. Foron dúas visitas que desfrutamos e que nos aportaron novos coñecementos e o camiño a novas experiencias.

 

Aos dous, a Eladio e a Toño, moitas grazas por estar con nós e por compartir o voso tempo.

 

 

Eladio ensinounos a facer “petisús”  e crema pasteleira: paso a paso fomos vendo como elaborar o doce, tomamos nota de como facelo e, por suposto, probámolo. Moi proveitoso todo!
2

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”7267,7266,7265,7264,7263,7262,7261,7260,7259,7258″]

 

Toño fixo un percorrido pola historia da fotografía. A partir de autores representativos explicounos conceptos básicos sobre fotografía e tendencias e axudounos a ter unha nova mirada sobre esta arte.

19

 

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”7275,7273,7272,7271,7270,7269,7268″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies