Recital por Rosalía
O martes, 24 de febreiro no Museo do Moble e da Madeira, MOME, da Estrada, con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro en tal día do ano 1837, tivo lugar unha homenaxe para recordar a escritora. No acto rapaces e rapazas dos centros de ensino do concello recitaron poemas e houbo tamén un concerto musical a cargo de “2 na Fronteira”, grupo italo-galego que versionou poemas da autora homenaxeada.
Os alumnos Pedro Varela Arca e Diana Durán Rey, de 5º de Primaria, e Julián Mejuto Rivadulla e María Mato Requeijo, de 1º da E.S.O, recitaron “Paseniño”, de Cantares Gallegos, e “Vivir para ver”, de Follas Novas.