Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Saída didáctica por Santiago de Compostela

O pasado martes os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO realizaron unha excursión a Santiago.
A xornada comezou cunha obra obra de teatro no Teatro Principal, “O valo”, a partir do texto co mesmo nome de Carlos Labraña, galardoado na novena edición do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. Anunciárase moita agua pero ao final o que veu foi unha chuvisca fina, moi santiaguesa, que non impediu realizar un xogo de pistas para coñecer de primeira man curiosidades e anécdotas dalgúns edificios da zona histórica. Despois trasladámonos ata o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) onde realizamos unha visita guiada que nos descubriu como eran as escolas galegas durante os séculos XIX e XX.
Xa pola tarde puidemos coñecer o Pazo do Hórreo, a sede da nosa principal institución política, o Parlamento Galego, recrear unha reunión como as que alí teñen lugar entre os distintos partidos e mesmo sentar por uns intres nos escanos dos parlamentarios. Diversión, aprendizaxe e convivencia para arrancar no segundo trimestre.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies