Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Sotavento, algo máis que un parque eólico

O xoves 11 de novembro os alumnos de 3º e 4º da ESO fomos visitar o parque eólico experimental de Sotavento en Xermade (Lugo). O que a priori parecía ía ser outra clase teórica sobre as enerxías renovables pronto se convirteu nun día de lecer xa que as nosas expectativas ían cambiando a medida que avanzaba o día.

Nada máis chegar fixeronnos entrar a unha sala. Alí explicaronnos o que iamos facer durante a nosa estancia. Logo veu un video sobre as enerxías renovables. Aínda que foi un pouco curto, estivo ben.

Despois e por grupos, fomos a distintos talleres: aforro de enerxía, o hidróxeno como outra fonte a ter en conta, o aproveitamento da enerxía solar nas súas duas vertientes: térmica  e fotovoltaica, o funcionamento dun parque eólico…  Agora entendíamos que papel desempeñan as leis da física e da química e como grazas a elas e coa nosa axuda pode mellorar o estado do planeta!

Xa pola tarde e despois de degustar aquelo que nosas nais nos puxeran para comer, fixemos un xogo. Por equipos tiñamos que superar distintas probas. Todas elas relacionadas coas enerxías renovables e non renovables. Gañou o  equipo formado por Pablo e Jorge.

Como xa dixemos foi un día diferente onde aprendimos que a enerxía máis limpa e a máis efectiva somos nós e como cun pequeno xesto aforramos moito!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies