Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Un acto onde as emocións estiveron a flor de piel

IMG_0426

Este venres 14, profesores, familiares e amigos despediron ós alumnos de 4º no seu último ano cun acto no que as emocións estiveron a flor de pel.

Comezou coa introducción de Don Víctor, profesor de lingua galega, que nos deu a entrada do que ía ser una tardiña de despedida. As súas cálidas palabras fixeron que algunhas bágoas comezasen a aparecer nas faces dalgúns dos alumnos. Este cedeulle a palabra á nosa directora, Dolo, que pronunciou un discurso emotivo e no que destacou a importancia que se lle dá a cada un dos rapaces no centro coa frase “non só sodes números de expediente”. As súas palabras chegaron a un público que xa non se podía conter. En representación de pais e profesores falou Don Jorge, que mostrou cun claro exemplo a relación entre os adolescentes e os profesores e pais, as diferenzas e problemas que xorden ó longo desta etapa e como os momentos bos , o agarimo e o respeto sempre destacan sobre estes outros. Para pechar a parte de oratoria, unha das alumnas, Lucía, pronunciou un discurso de agradecemento a compañeiros e profesores polo seu apoio ó longo desta etapa no colexio. Para os que aínda non se emocionaran suficiente, os alumnos de 4º puxemos un vídeo coas nosas fotos dende Educación Infantil ata este último ano: excursións, festivais de fin de curso, patroas, etc.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”5188,5189,5264,5190,5192,5193,5194,5195,5196,5197,5198,5199,5200,5201,5202,5203,5204,5205,5206,5207,5208,5209,5210,5211,5214,5215,5216,5213,5217,5218,5219,5220,5221,5222,5223,5224,5225,5226,5227,5228,5232,5231,5230,5229,5233,5234,5235,5236,5237,5238,5239,5240,5185,5186,5178,5176,5169,5154,5153,5152,5151,5145,5273″]

Despois da parte emotiva e dunha intensa sesión de fotos con familiares, amigos e profes,había que alegrarse e non había mellor forma que con música e uns deliciosos pinchos que prepararon pais e alumnos e mesmo as cociñeiras do colexio que quixeron sorprender ós presentes. Con todo, a pesar de que a comida estaba deliciosa, os rapaces de 4º necesitabamos movernos e bailar e no salón de actos comezou un guateque improvisado ó que se sumaron tamén os adultos, por iso os mozos decidimos repetir para eles a actuación da patroa e o baile de fin de curso.
Mais todo o bo remata, e con poucas ganas de marchar, un a un fomos abandonando as instalacións, dandolle fin ó acto de despedida da promoción que comezou a súa andaina no ano 2000 e que está a piques de rematar no 2013.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”5287,5288,5289,5290,5291,5292,5293,5294,5295,5296,5297,5298,5299,5300,5301,5302″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies