Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Un día no Barbanza

 

Faro de Corrubedo
Faro de Corrubedo

O pasado mércores andivemos os de 5º e 6º de EP de excursión por terras do Barbanza. Iniciamos a ruta subindo ao Mirador da Curota. Que vistas da ría de Arousa! E que frío! Logo exercemos de castrexos no Castro de Baroña. Unha cita coa prehistoria no Dolmen de Axeitos precedeu ao xantar nunha área recreativa preto de Corrubedo. Alí aproveitamos para coñecer o faro. E xa pola tarde, visita ao CIELGA, onde vimos un vídeo sobre o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e visitamos a exposición do centro. Un rato de troula na praia do Vilar para rebozarnos como croquetas e parada na Póboa do Caramiñal para merendar e tomar un xeado, que ben merecido o tiñamos. Unha xornada para recordar.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[ link=”file” ids=”4669,4670,4662,4661,4660,4659,4658,4657,4656,4655,4654,4653,4652,4651,4650,4649,4648,4647″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies