Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Un día para celebrar

Onte, día 18 de maio no colexio Nosa Señora de Lourdes celebráronse os actos do “Día das Letras Galegas” dedicado este ano a Lois Pereiro. Á primeira hora, no salón de actos, os nenos de 5º leron un breve texto sobre a orixe e a importancia da celebración. Logo de coñecer a biografía de Lois Pereiro, recitáronse varias das súas poesías e ollamos un documental sobre a súa infancia e adolescencia en Monforte. A continuación, os nenos e nenas de 6º representaron unha obra de teatro titulada “Romeo e Xulieta” en dous actos distintos, pasado e presente, co mérito de ter sido escrita por eles. Para acabar os actos, no patio houbo unha mostra de  Baile Rexional e rematamos todos cantando o Himno Galego. Foi unha mañá moi especial, onde nos divertimos moito e puidemos coñecer cousas da vida e obra de Lois Pereiro.

       Alumnos/as de 6º E. P.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[ order=”DESC”]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies