Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Unha excursión con aroma de mar

O pasado mércores o centro de secundaria quedou prácticamente vacío. 1º, 2º, e 3º tiñamos por diante un día de excursión á costa.

A primeira parada foi Muxía. Alí intentamos abalar a pedra, aínda que sen éxito, e moitos de nós “purificámonos” segundo di a lenda, pasando por debaixo da Pedra dos cadrís. Logo de estar alí un anaco relaxándonos mirando ao mar, dirixímonos ao que os romanos chamaban a fin do mundo para ver o faro. A moitos sorprendeunos ver roupas e zapatos queimados e contaronnos que era unha tradición entre os peregrinos cando remataban a súa peregrinaxe.

Continuamos a nosa viaxe visitando a fervenza do Ézaro, a única de Europa  que cae ao mar. Impresionounos moito e iso que agora non baixa moita auga que como será cando o faga? Despois unha paradiña en Carnota para ver un dos hórreos máis longos de Galicia.

Pero o que máis nos gustou desta xornada foi a comida na praia de Louro. Alí pasamos boa parte da tarde e puidemos xogar, pasear, descansar… e sobre todo facelo todos xuntos .

Rematamos esta excursión coa visita ao casco histórico de Noia onde ademais de facer un percorrido rápido polos monumentos máis importantes, paseamos e fixemos as pertinentes compras.

Sin dúbida ningunha, os lugares que visitamos, as viaxes en autobús, a praia e estar cos nosos compañeiros para pasar un día relaxado, fan dunha excursión normal, unha excursión XENIAL!!!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies