Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Unha excursión inolvidable

Por fin chegou a excursión de fin de curso. O día 26 de marzo, as once, estabamos no aeroporto de Santiago desde onde, con moita ilusión e nervios, iamos iniciar o camiño a Tenerife. Partimos cerca da unha da tarde e despois de duas horas e media, o calor canario recibiunos tan pronto baixamos do avión. Despois  diriximonos ao hotel, “Laguna Park II”. unha vez instalados e cando terminamos de abrir as maletas e inspeccionar a zona,desfrutamos da piscina e do sol o resto do día.

O segundo día pasámolo no Loro Parque onde puidemos ver dende orcas, golfiños ata tigres, chimpancés e, como non, unha gran variedade de loros. Logo, visitamos as Piscinas de Martiánez situadas no “Puerto de la Cruz” deseñadas polo arquitecto lanzaroteño César Manrique. O tempo non acompañaba asi que non nos puidemos bañar.

O seguinte día, tras dúas largas horas de viaxe chegamos ó Teide, o pico máis alto de España. Alí puidemos contemplar dende lonxe o volcán e aínda que foi unha pena non subir ata  o cume a paisaxe era espectacular. A continuación comemos no pobo de “La Laguna”, que foi a primeira capital de Tenerife. Finalmente acabamos o día visitando a actual capital, Santa Cruz de Tenerife, onde a tarde deu para comprar souvenirs e dar unha volta libremente.

O penúltimo día divertímonos no famoso parque acuático “Siam Park”, no que montamos en numerosas e orixinais atraccións, entre elas puidemos disfrutar da praia artificial , que alberga a piscina de ondas máis grande do mundo. Comemos nos restaurantes que alí había e pola tarde seguimos disfrutando do parque ata as 5, hora na que cerraba. O resto da tarde, pasámola na piscina do hotel aproveitando o calor que facía.

O derradeiro día preparámolo todo para marchar, e embarcamos no avión con destino a Madrid, as dúas menos cuarto. Chegamos a Baraxas para facer escala e coller outro avión cara a Vigo. As once chegamos ao noso destino, despedímonos de todos e marchamos coa nosa familia. Dende logo foi unha excursión inolvidable.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies