Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

UNHA EXCURSIÓN MOVIDA

O 29 de novembro os alumnos de 3º e 4º da ESO fomos de excursión. A primeira parada foi en Santiago de Compostela onde visitamos a Cidade da Cultura. Aquí ademais de pasear polos tellados da cidade, puidemos ver a exposición “Typewriter” na que había  máquinas de escribir de todas as épocas. Logo fomos ao complexo mediambiental de Sogama en Cerceda, onde ademais de presenciar o proceso de clasificación dos recursos tamén  nos demos de conta dos fallos comúns que cometemos os galegos a hora de separar para reciclar.  A terceira parada foi Betanzos. Despois de comer visitamos o Museo de Mariñas no que había moitos restos arqueolóxicos  e vestimentas populares galegas. Por último, demos un paseo polo fermoso parque deste pobo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies