Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Unha excursión perfecta

O Martes 24 de Maio fomos á Costa da Morte. En Buño visitamos o Ecomuseo do Forno do Forte no que varios guías ensináronnos as vivendas dos alfareiros no pasado coas súas partes (o hórreo, o forno…), os obxectos e procesos que utilizaban para a fabricación das pezas e ademais a varios de nós deixáronnos facer as nosas propias obras no torno que puidemos levar á casa. Despois fomos ó Porto de Malpica, onde uns mariñeiros estaban a recoller as nasas onde disfrutamos dunha paisaxe abraiante. Seguidamente, fomos a comer ó piñeiral da praia de Balarés na que despois puidemos xogar e divertirnos. A continuación puidemos admirar dende o miradoiro de Monte Branco a espectacular panorámica do estuario do río Anllóns cara ó mar. Por ultimo vimos o Castro de Borneiro en Cabana de Bergantiños, no que tamén fixemos un xogo de pistas.

Na viaxe de volta a casa, paramos no centro comercial de Carballo, onde nos puidemos refrescar.

Foi un fermoso día no que aprendimos cousas novas, soubemos de novos lugares e o pasamos moi ben. ..

“A excursión estivo xenial, en xeral todo nos gustou pero sen dúbida o mellor recordo que levamos deste día é  ese momento que pasamos na praia na que xogamos, sacamos fotos… en definitiva na que nos divertimos como nunca”. De 3º.

“Sobre todo do que máis disfrutamos foi da praia, xogando coas ondas, coa area e, principalmente, refrescándonos, xa que o día de onte foi moi caloroso. Alí mesmo comemos, entre a vexetación e os sons do mar, contemplando a vista panorámica dende o Monte Branco ao Océano Atlántico”. De 2º.

“Toda a excursión foi moi divertida, gustounos ter a oportunidade de facer obxectos de cerámica pero sobre todo o que máis nos gustou foi ir á praia a comer, sacar fotos, descansar e pasalo moi ben cos nosos compañeiros nunha excursión que nos gustaría que se repetise”. De 1º.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies