Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Unha violinista no Colexio

Os nenos e nenas de primaria asistimos a unha actuación no salón do colexio, interpretada pola nai de Gábor, un compañeiro da nosa clase de 4º de primaria. A nai chámase Ildikó Oltai, e naceu en Budapest (Hungría).

Mais que unha actuación foi un obradoiro interesantísimo, no que tamén puidemos participar.

Primeiro presentouse e dixo o que ía facer. Pediu seis voluntarios para que lle axudasen. Deulles un cartel a cada un onde aparecían palabras como: constancia, creatividade, paciencia, disciplina, esforzo e expresividade.  Explicounos o seu significado e como podiamos empregalas nas nosas vidas. Foi super interesante!!!

A continuación amosounos as partes do violín, de que material estaban feitos e tamén unhas fotos de como eran os violíns medievais, pero sin duda o que mais nos impresionou do violín é, que TEN ALMA….. Siiiii!!!!, o alma do violín é un taquiño de madeira que une a tapa de diante coa de atrás, e fai que o sonido sexa mais intenso.

Logo tocou unhas pezas para nós, unha delas era a Primaveira de Vivaldi. Tamén fixo sonidos co violín e tiñamos que adiviñar que animal estaba imitando, da obra o Carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns. ¡Gustounos moito!

Contounos como foi a súa vida dende a súa infancia, e como se fixo violinista profesional. E ademais de ser profesora toca nunha orquesta que se chama Real Filharmonía de Galicia, como violinista profesional.

Tamén tiñamos que adiviñar as melodías que interpretaba, como o Himno Galego, A saia da Carolina, la Gallina Turuleta…, que empezamos a cantar todos xuntos, e unha Aria de Bach.

“No nos gustó…… NOS ENCANTÓ!!!!”

Alumnos de 4º E.Primaria

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Alumnos de 4º de primaria.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies