Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

XXXIV Carreira Pedrestre Popular de Santiago

Primeira gran carreira do curso coa xa popular Carreira Pedrestre de Santiago de Compostela. O día presentábase perfecto para o desfrute da actividade e para facer fronte aos 7 Km de percorrido pola rúas de Santiago. A participación mostrábase moi alta chegando a pasar dos 1600 participantes e onde nós xa moi animados e dispostos a dalo todo durante todo a distancia. Recordar que nesta modalidade os rapaces que podían participar ían dende os 10 ata os 16 anos.

As 11:30 da maña soaba o pistoletazo de saída, e xa cos nervios a un lado saímos a por todas e durante todo o percorrido ningún deixamos de loitar por chegar a meta nas mellores posicións.  O terreno por momentos facíase moi complicado cunha que outra pendente dura de combater. Chegábase a parte final da carreira xa coas forzas xustas para afrontar esas últimas curvas polo casco antigo da cidade. Por fin a esperada meta na Praza do Obradoiro onde todo o público alí presente apoiaba con ganas este último tramo.

Todos baixamos dos 49 minutos nos 7 quilómetros que durou a proba e incluso algún compañeiro chegou a baixar dos 40 minutos. E como non, gozando do bo ambiente que sempre reina nestas actividades.

Parabéns a todos os participantes!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies