🌰🍂Magosto no cole! 🍂🌰
O pasado 15 de outubro, celebramos o noso magosto, unha das tradicións máis bonitas do outono galego, e foi un día espectacular!
Comezamos cunha camiñada polo monte e polo rural, descubrindo as cores do outono e aprendendo a valorar e coidar a natureza que nos rodea. Despois, houbo xogos tradicionais, deporte e música da nosa incrible rondalla, e todo isto cheo de risas, enerxía e boa compañía.
Xa de sobremesa, comemos as castañas quentiñas, gozando do momento todos xuntos.
Grazas a todos os que fixestes posible este día tan especial. Son estes momentos os que nos axudan a manter vivas as nosas tradicións e a crear recordos que quedarán connosco moito tempo. 💛
Feliz magosto a todos!



























