Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Xornada de atletismo XOGADE 🏃

O pasado 22 de outubro vivimos unha xornada moi especial: o alumnado do noso colexio visitou as novas instalacións de atletismo da Estrada, onde compartimos a mañá con outros colexios da zona.

Durante a xornada, nenos e nenas puideron probar distintas disciplinas: carreiras de relevos, saltos de lonxitude e de altura, e lanzamentos. Houbo carreiras, risas, ánimos e moito esforzo, e todos e todas participaron con ilusión e con ganas de pasalo ben.

Máis que competir, o importante foi disfrutar do deporte, aprender cousas novas e convivir con compañeiros e compañeiras doutros centros. O compañeirismo e o respecto estiveron presentes en cada proba.

Para rematar a xornada, fixemos un alto para merendar froita, que nos proporcionou a organización, e que sentou moi ben despois de tanta actividade.

En definitiva, foi unha mañá chea de enerxía, deporte e boas sensacións, cun ambiente fantástico. Damos as grazas á organización e a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia. Quedamos coas ganas de repetir!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies