Proxecto Terra
Un curso máis, todo o alumnado de E. Primaria participou no programa educativo Proxecto Terra, pertencente ao Plan Proxecta +, que nesta ocasión se desenvolveu a través do proxecto interdisciplinario Aquí e acolá. Paisaxes rurais e urbanas, creado polo profesorado do colexio.
As actividades realizadas estiveron relacionadas coa paisaxe, o desenvolvemento sostible, a ordenación do territorio, a planificación urbana, o patrimonio natural e cultural, a arquitectura popular galega e os Bens de Interese Cultural de Galicia. Entre elas destacaron os roteiros, as saídas didácticas (A Estrada, Santiago de Compostela, Marín-Pontevedra-Barro e A Coruña), o obradoiro de arquitectura popular, as presentacións de 6º EP e, por suposto, a exposición de debuxos.
A continuación, recóllese unha mostra dalgunhas das actividades realizadas:
ROTEIROS ENTRE O CENTRO DE E. INFANTIL E PRIMARIA E O CENTRO DE ESO
OBRADOIRO “RECONECTANDO CO NOSO PATRIMONIO”
SAÍDA DIDÁCTICA “A VILA DA ESTRADA”
INVESTIGACIÓN, DEBATE E PRESENTACIÓNS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
EXPOSICIÓN: “AQUÍ E ACOLÁ. PAISAXES RURAIS E URBANAS”
Outras actividades deste curso 2025/26 integradas no Proxecto Terra:
Benvido Magosto: /benvido-magosto-3/
Excursión a Santiago de Compostela, 1º e 2º EP: /excursion-a-santiago-de-compostela-1o-e-2o-ep-4/
Excursión de 5º e 6º EP á Coruña: /excursion-de-5o-e-6o-ep-a-coruna/
Excursión de 3º e 4º EP a Marín, Pontevedra e Barro: /saida-de-3o-e-4o/
Visita a Martínez Otero: /visita-a-martinez-otero/
Peche do curso con deporte, ledicia e corazón solidario: /peche-de-curso-con-deporte-ledicia-e-corazon-solidario/





























