Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Avaliación do 2º Trimestre

Estimadas familias,

Seguindo as instrucións do 27 de marzo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º Trimestre, informamos de que:

A data fixada para o peche da 2ª Avaliación é o venres 13 de marzo de 2020. A valoración faise co traballo desenvolvido ata esa data na aula polo alumnado.

O traballo realizado polo alumnado a través da formación non presencial con data posterior ao 13 de marzo non ten carácter avaliable.

Cualificacións: poderanse consultar a través de abalarMóbil a partir do 3 de abril. Se alguén non o ten instalado no teléfono pode facelo ou pode acceder a el a través do ordenador na ligazón: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

Se algunha persoa tivera algún problema para consultar as cualificacións pode enviarnos un correo a: cpr.nuestrasenora.lourdes@edu.xunta.es

Boletíns en papel: estarán dispoñibles cando retomemos as clases presenciais.

Titorías: as titorías presenciais serán pospostas ata novo aviso. As titorías urxentes serán atendidas a través do email do centro.

EQUIPO CNSL

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies