Día da Educación Física na Rúa
O Día da Educación Física na Rúa celebrouse o día 16 de abril para seguir dando visibilidade á importancia da actividade física e da nosa materia de educación física para loitar contra o sedentarismo na sociedade actual. Os nosos alumnos de quinto e sexto de primaria xunto cos compañeiros dos outros centros da Estrada saímos á rúa para realizar unha sesión de educación física diferente aproveitando os espazos do noso pobo.