Plantación de chícharos 2ºEP
O alumnado de 2º EP fixemos unha plantación de chícharos, a partir da lectura do Libro: A colleita de ratiño, de Leticia R. Gancedo (OQO Editora)
Aínda que o libro fala dun garavanzo nós decidimos plantar unha hortaliza de tempada.
Plantamos nuns tarros individuais, regamos, vemos cómo empezan a saír os primeiros brotes, transplantamos a macetas máis grandes con máis terra, observámolas día a día, coidamos que teñan luz e calor…
Con esforzo, traballo en equipo e un pouco de paciencia… celebraremos a nosa colleita.