Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Comezamos as reunión informativas

Estamos preparando á volta ás aulas e informando ás familias da aplicación dos novos protocolos e da organización do curso 2020-2021. Facemos reunións de nais e pais en pequenos grupos, por cursos, para explicarvos as peculiaridades de cada aula e para que poidades consultar as vosas dúbidas.

Para a reunión das nais e pais do alumnado de 3 anos, que se incorpora por primeira vez ao centro, contamos coa colaboración de Eva García García, Pediatra e Coordinadora do Protocolo Covid19 do Centro de Saúde da Estrada, que mantén contacto directo cos centros educativos. Eva explicou aspectos relacionados coas medidas de protección así como os protocolos sanitarios. Nas próximas semanas tamén realizará sesións formativas para o alumnado. Moitas grazas, Eva.

Temos moitas ganas de reencontrarnos coas alumnas e alumnos e estamos facendo todo o posible para que sexa do xeito más seguro para todos.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies